Eritia Privacidad
Sentimento que perdura dende 1961

Presentado Quique Domínguez nas instalacións de Mobelrías La Fe

junio 12, 2025

O Balonmán Cangas Frigoríficos do Morrazo presentou a Quique Domínguez nas instalacións de Mobelrías La Fe, patrocinador do clube.

No acto de presentación estivo acompañado do Director Deportivo da entidade Óscar Fernández, quen alabou a súa labor como adestrador e sendo a primeira peza deste novo proxecto.

Óscar Fernández, Quique Dominguez e Marcos (representando a Carrera y Nores) @robertowskipics

Día 1 de Quique Domínguez en Cangas. Este 12 de xuño tivo lugar a presentación oficial con rolda de prensa ante os medios que cubren a actualidade no Club Balonmán Cangas

A fichaxe de Quique foi moi sinxela xa polo feito que, dende as primeiros contactos, xa nos deixou claro as ganas que tiña de estar á fronte deste proxecto deportivo para as vindeiras tempadas.”, sinala Óscar Fernández, director deportivo do Clube.

Pola súa banda, Quique Domínguez sinalou «Veño co 100/100 de motivación e esta oportunidade que me brinda o Clube chégame nun momento onde son moito máis maduro e moito mellor que hai anos. Buscamos que todos os xogadores aporten e formen parte dun conxunto onde todos se sintan importantes e xoguen un bó balonmán«

Forza Cangas!