O Balonmán Cangas Frigoríficos do Morrazo continúa construíndo o seu novo proxecto cun reforzo con ampla experiencia na Liga Plenitude. O cubano Ángel Rivero é novo xogador do CLub Balonmán Cangas.

A sexta incorporación do clube é Ángel Rivero. O lateral dereito foi o capitán do Balonmano Logroño a pasada campaña e xa conta con ampla experiencia na Liga Plenitude tras militar tamén en BM Benidorm.
“Ángel es un jugador con muchísimo talento y experiencia. Su llegada confirma la apuesta del club por conformar un plantel competitivo y equilibrado”, sinala Óscar Fernández, director deportivo do Clube.
Ángel atoparase ao chegar a Cangas cun conocido, Javi García, co que compartiu varias tempadas en Balonmano Logroño
» Veño con moita ilusión e ganas de coñecer a todo o mundo. Ter a Cangas desta vez ao meu favor e non en contra é algo que me motiva e que quero vivir«- sinala a nova incorporación do clube.
Dende o clube queremos darlle a benvida a Ángel Rivero, desexándolle moito éxito e que esta nova etapa sexa tan apaixoante como chea de ilusión.
Forza Cangas!