O clube organizou durante toda a tempada 2024-2025 un contido patrocinado con RODOSA, o concesionario oficial Renault, Alpine e Dacia en Cangas. Un acordo que obtivo varias accións publicitarias como: Partido Patrocinado, Logotipo na pista, na roupa do equipo de 1ª Nacional e o primeiro «Rodosa Talks» entre outros contidos

O Club Balonmán Cangas propuxo este ano, dentro do patrocinio con Rodosa, unha serie de contidos para vincular á marca de automóbiles co balonmán e coa filosofía do clube.
Como parte desta iniciativa, realizouse: Instalación de lona publicitaria na pista, aparición en LEDS de retransmisión en TV, visita ao salón do automóbil, exposición dun Renault 5 no partido vs Barça, o partido patrocinado vs Granollers con vídeo e stories, Rodosa Talks con Arón Díaz, a campaña de presentación do acorodo coa visita de Rares e Arnau, aparición do logo «RODOSA» nos posts oficiais en RRSS do clube e a aparición en banners durante o streaming en Youtube.
Con estas accións, o Club Balonmán Cangas reafirma o seu compromiso coa dixitalización e as novas tendencias cun patrocinador local e tan importante como é Rodosa.