Eritia Privacidad
Sentimento que perdura dende 1961

Nicolo D´Antino novo xogador do Frigoríficos

junio 9, 2025

Nicolo D’Antino reforza o extremo dereito do Balonmán Cangas. Chega procedente do Recoletas Atl. Valladolid e firma por unha tempada.

D’Antino, que firma por unha tempada, ocupará a praza deixada por Javi Azurmendi, que puxo fin á súa etapa como xogador profesional por motivos persoais. Con ampla experiencia na Liga Plenitude ASOBAL, o novo xogador cangués chegou a España na tempada 2018-2019 da man do Balonmano Nava.

Deseño de @fergodesign

Con só 26 anos, o internacional transalpino achega unha ampla experiencia e coñecemento da liga, ademais dun perfil ofensivo moi definido: velocidade nas transicións, calidade de lanzamento e eficacia desde os 7 metros..

D’Antino é un xogador con moita calidade e que vén aportar moito á plantilla, destacando pola súa velocidade para saír ao contraataque. É un fichaxe que nos axuda a seguir medrando con este proxecto e que seguro que dará moitas alegrías a O Gatañal”, afirma Óscar Fernández, director deportivo.

Con esta incorporación, o club reafirma a súa aposta por confeccionar un cadro competitivo e ambicioso, mantendo a identidade e o carácter que definen ao proxecto cangués..

Benvido, Nico . Xa formas parte da familia do Gatañal.

Forza Cangas!