Eritia Privacidad
Sentimento que perdura dende 1961

Pablo Castro volve o Frigoríficos do Morrazo

junio 6, 2025

O Club Balonmán Cangas anuncia a incorporación do pivote cangués Pablo Castro (Cangas, 1996) procedente do, Helvetia Anaitasuna e firma por dúas tempadas

Pablo é a cuarta fichaxe anunciada de cara ao ano que vén e súmase así ás altas anunciadas de Nicolo D´Antino, Javi García e Haris Suljevic.

Deseño de @fergodesign

O Balonmán Cangas Frigoríficos do Morrazo anuncia a incorporación de Pablo Castro, pivote formado na nosa canteira, que regresa a O Gatañal tras cinco tempadas defendendo as cores doutros clubes. Con 1,96 metros de altura e unha traxectoria que inclúe equipos como o Handbol Eivissa, Valinox Novás e, recentemente, o Helvetia Anaitasuna de Liga ASOBAL, Pablo regresa á que sempre foi a súa casa para formar parte do proxecto da tempada 2026/27.

Queremos que a nosa afección sinta que seguimos a loitar por crecer. Traer de volta a un xogador coma Pablo é unha mostra máis de que cremos na nosa base, no talento galego e na forza da identidade. É unha incorporación que nos fai medrar como clube«, afirma Óscar Fernández, director deportivo.

Volver ao club que me viu medrar é un auténtico orgullo. Dende que marchei hai cinco anos, traballei cada día coa ilusión de regresar á casa. O Balonmán Cangas formoume como xogador e como persoa, e agora, con máis madurez pero coa mesma paixón de sempre, afronto esta nova etapa con moitísima felicidade e ganas de que esta aventura comece canto antes.” declara Pablo.

Desde o club manifestamos a nosa enorme satisfacción por recuperar a un xogador da casa, un traballador incansable que vai dar o máximo por defender estes cores. Tal e como destacamos noutras incorporacións recentes, este tipo de fichaxes son fundamentais para consolidar un proxecto ambicioso e con identidade propia, apostando pola base, polo talento galego e pola representación da nosa afección no propio equipo

Benvido de novo Pab. Xa formas parte da familia do Gatañal.

Forza Cangas!