O primeira liña romanés deixará o Frigoríficos do Morrazo ao remate desta campaña.
Rares destacou nestes 3 anos como un defensa aguerrido e forte e tamén aportando moitas veces no ataque co seu potente disparo.

Hoxe toca despedir a un dese xogadores que deixan pegada. Rares Fodorean non seguirá a vindeira campaña no Frigoríficos do Morrazo. Tras tres anos compartindo os camiños, o lateral esquerdo emprenderá unha nova etapa profesional fóra do Gatañal.
Cando pensamos na nosa defensa nos últimos tempos, é imposible non pensar en Rares. Intensidade, traballo silencioso e a capacidade de sacrificio fixérono unha peza fundamental no equipo. Un xogador dos que todo adestrador quere ter no seu plantel
Dende o Clube soamente temos verbas de agradecemento pola súa profesionalidade, pola súa humildade e polo cariño que sempre demostrou a esta camiseta e a esta afección. Foron tres tempadas cheas de momentos inesquecibles e sabemos que Cangas leva unha pequena parte do seu corazón.
Moita sorte no que veña Rares. Aquí terás sempre unha acsa e pavillón que che aplaudirá forte cando volvas. Moitas grazas por todo!
#ForzaCangas