O Club Balonmán Cangas anuncia a renovación do extremo esquerdo catalán ata o vindeiro 2027.
Arnau e o Clube chegan a un acordo para continuar un ano máis ligados e continuar así a idea de proxecto de cara á vindeira tempada. Esta renovación é a segunda tras a renovación do porteiro Ivan Panjan.

O Club Balonmán Cangas anuncia a renovación de Arnau Fernández para a vindeira campaña con opción a unha extensión dun ano máis. Con este movemento, o clube asegura a continuidade dun dos valuartes do plantel.
Óscar Fernández (Director Deportivo): «Arnau é un dos nosos referentes dentro e fóra da pista. Adaptouse perfectamente ao clube e por iso era un dos xogadores primordiais para renovar. O clube está contento de seguir reafirmando o cadro de xogadores de cara ao ano que vén».
Pola súa banda, Arnau Fernández declara: «Sempre me sentín moi cómodo en Cangas, é un lugar no que creo que podo seguir medrando como xogador e ter moito protagonismo. Sentín o calor da afección e do clube desde o principio e iso permitiume axudar todo o posible. Que se aposte por seguir medrando tamén é algo que me seduciu a renovar; Cangas é un gran lugar para desenvolverse».
Esta renovación segue a folla de ruta marcada pola dirección deportiva, sumándose á recente continuidade de Ivan Panjan. O clube mantén a súa firme intención de seguir pechando a renovación de xogadores clave para estabilizar o proxecto, amosando a ambición da entidade e o interese dos propios xogadores en seguir crecendo aquí e loitar xuntos pola permanencia nesta tempada.
Os números de Arnau coa camiseta do Cangas reflicten a súa importancia no esquema do equipo: 124 goles en 40 partidos oficiais. Esta regularidade, sumada á súa frialdade desde o punto de penalti e o seu peso no vestiario, fan del unha peza fundamental para o presente e o futuro próximo do Balonmán Cangas.
Forza Cangas!

Foto de @robertowskipics