ASOBAL asina un acordo de colaboración con Decathlon para converterse no patrocinador deportivo principal e proovedor do novo balón oficial: Kipsta HB900
A chegada de Decathlon reforza o compromiso de cumplir cos estándares deportivos de máxima calidade de cara ás vindeiras tempadas

O acordo chega nun momento onde a estratexia de Decathlon reside en achegarse e promover diversas disciplinas deportivas garantizando que os productos estean ao alcance de todos os deportistas.
O presidente de ASOBAL, Servando Revuelta, declara:» O KIPSTA HB900 é un balon que se adapta perfectamente ao estilo de xogo dos equipos da liga e que nos 240 partidos será o elemento fundamental».
Pola súa banda Borja Sánchez, CEO de Decathlon España, explicou: «Este acordo vai máis aló de acompañar ao balonmán profesional, senon que nos permite acercalo tamén á sociedade».
O KIPSTA HB900 conta coa aprobación da IHF o que garantiza os estándares internacionais de calidade e rendemento, ofrecendo unha calidade óptima.
Dende o Club Balonmán Cangas só nos queda agardar que a pelota comece a rodar no 40×20 nas vindeiras semanas! Benvidos Decathlon España!
