O extremo esquerdo, que finalizaba contrato en xuño, non seguirá en Cangas na tempada 2024/2025
Dorado, que chegou o clube a pasada campaña, é xa un dos grandes goleadores do equipo.

Mario Dorado non seguirá vestindo a camiseta do Balonmán Cangas tras a finalización do seu contrato en xuño, o extremo sevillano, que cumple actualmente a súa segunda tempada no clube, poderá firmar libre por outro clube de cara a vindeira tempada.
Mario chegou a pasada campaña, coa difícil labor de facer esquecer a Dani Fernández, e dende o primeiro momento, destapou o seu potencial ofensivo, converténdose no extremo esquerdo titular da escuadra de Nacho Moyano.
Dorado, rexistrou ata o momento 250 goles e por iso o Clube lle desexa a mellor das sortes para o futuro.
Mario, sempre serás #UndosNosos