O lateral dereito vigués, que finalizaba contrato en xuño, comprométese co clube por dúas tempadas máis.
Gayo, que chegou o clube da man de Nacho Moyano en 2019, é xa un dos grandes baluartes deste Cangas.

Martín Gayo seguirá crecendo no Balonmán Cangas durante dúas tempadas máis, o lateral vigués, que cumple actualmente a súa quinta tempada no clube, apostou por firmar a oferta de renovación que o vincula co clube ata xuño de 2026.
Chegou como unha das grandes promesas do balonmán galego en 2019 e leva xa varios anos sendo unha das pezas claves nos esquemas de Nacho Moyano. «Martín é un xogador que representa á perfección os valores deste clube: compromiso, talento galego e xuventude. Por iso estamos encantados de seguir contando con él de cara a vindeira tempada» afirman dende a directiva do Balonmán Cangas, algo co que concorda o seu adestrador. “É un xogador moi importante para nós, que entende perfectamente o noso sistema e cando se atopa cómodo, é diferencial”.
Gayo, rexistrou ata o momento 49 goles e 57 asistencias esta tempada, un rendemento que fai pouco o colocou como un dos líderes ofensivos do equipo, aínda que é algo o que o xogador vigués resta valor, porque o importante é axudar ó equipo por enriba do rendemento individual.
“Para min a renovación significa que o clube confía plenamente en min e iso me fai sentir moi orgulloso” afirmou Martín Gayo, onde tamén destacou a importancia de poder seguir na casa, preto da súa familia e do ambiente que se xera no pavillón de O Gatañal. «O meu obxectivo nestes dous anos é seguir crecendo como xogador, intentando axudar o equipo e converterme nun xogador importante no Balonmán Cangas, disfrutando do que máis me gusta facer«.
Un xogador de casa, que rematou falando da importancia de seguir mantendo esta racha positiva para conseguir evitar o Play Out, «estamos convencidos de que se non fallamos, conseguiremos meter a algún equipo nesta plaza«.
Gayo, gracias por seguir connosco e seguir crecendo como clube o teu carón.