Nacho Moyano, fala para balonmano.vilrom.es/ nas horas previas ó partido ante Bidasoa Irún. Preocupacións, brotes verdes e ganas de recuperar sensacións son o que nos conta o noso míster antes de medirnos ó segundo clasificado.

Como cada semana, sentámonos con Nacho para analizar a semana de traballo e o próximo rival do equipo, neste caso, co equipo tocado tras caer en Puerto Sagunto, non é un dos mellores días para sorrir, pero facendo grande o lema do clube, o optimismo segue intacto porque «En Cangas ninguén se rende«.
«Estamos jodidos, con el sentimiento de no hacer las cosas bien y estar en deuda con todos» así de certero se mostraba o técnico madrileño, pero pronto se recompón para poñer a vista no futuro e nas ganas de todos para revertir esta racha de malos resultados.
«Bidasoa está a un nivel altísimo, sobre todo en defensa y que no ha acusado sus bajas» apuntaba sobre el equipo entrenado por Jacobo Cuétara. Unha empresa moi complicada, pero que históricamente é un rival co que sempre conseguimos puntos, como xa apuntaba o seu adestrador na rolda de prensa prepartido levada a cabo en Terras Vascas.
O segundo clasificado chegará a O Gatañal este domingo ás 17:30h no que agardamos sexa un grandísimo encontro e conseguir dous puntos de ouro. Escoita todo prepartido clickando aquí ou no vídeo da portada.
#ATAOFINAL #ENCANGASNINGUÉNSERENDE #ÉUNSENTIMENTO