O noso 4, heroe improvisado na vitoria no Gatañal a pasada tempada analiza o importante choque deste domingo ante o segundo da categoría.

Brais, coa Marea de fondo, no partido ante Helvetia Anaitasuna
«Volver a recuperar as sensacións perdidas como equipo» esa é a consiga máis importante nos días previos ó encontro que nos enfrontará a Bidasoa Irún. A autocrítica e as ganas de revertir esta situación son o que destaca na rolda de prensa previa ó domingo o xogador de Lalín.
Tras a estrepitosa derrota antes Puerto Sagunto, o segundo clasificado será a pedra de toque coa que teña que lidiar o Frigoríficos neste tramo final de primeira volta. Non é o mellor equipo para enderezar a situación, pero sí é un equipo o que nas últimas tempadas sempre se conseguiu rascar algo.
«O Bidasoa é un bloque moi compacto, cun traballo conxunto de homes importantes e o seu adestrador dende varias tempadas. Non destacaría nada impresionante deles, pero todo o que fan, o fan ben» apuntaba durante a entrevista.
O segundo clasificado chegará a O Gatañal este domingo ás 17:30h contnado os seus partidos por vitorias, agás a derrota en Irún ante un gran Balonmano Granollers e o meritorio empate conseguido na primeira xornada ante o todopoderoso F.C. Barcelona. O Frigoríficos pola súa banda, chega tras unha dura derrota ante un rival directo e con tan só 5 puntos, o que o condena ós postos de descenso directo.
Se queres escoitar todo o que nos contou Brais, preme neste enlace e disfruta da entrevista completa no noso Instagram.
#ATAOFINAL #ENCANGASNINGUÉNSERENDE #ÉUNSENTIMENTO