
Un novo cheo no Pavillón foi a testemuña do emocionante encontro ante Villa de Aranda
/Rober Pastoriza
O Frigoríficos del Morrazo sabe sufrir ante un rival directo e logra unha vitoria por 27 a 24 no seu feudo.
O equipo morracense, sitúase décimo con 3 puntos de oito posibles e cun gol average positivo de +1.
Nacho Moyano:
https://www.instagram.com/p/DAyvNN3u2AD/
«Non foi o noso mellor partido, pero tivemos a templanza nos minutos claves para conseguir a vitoria»
Este domingo 6 de outubro era unha data marcada en vermello para xogadores e afeccionados locais. Xogar na casa ante un rival directo na procura dos dous puntos, e desta vez, o equipo respondeu e conseguiu acadar unha vitoria por tres tantos nun partido moi complicado de principio a fin.
Ambos clubes chegaban nunha situación idéntica a nivel resultados e clasificación, cun único empate nas tres primeiras xornadas, compartindo as derradeiras posicións pero amosando un balonmán merecedor se cabe de máis puntuación da acadada. Un partido que presumía apretado e non defraudou.
O Balonmán Cangas, capitaneado por Jorge Pérez baixo paus, cun 38% de acerto na noite do domingo, e un gran Mads Thymann, autor de 7 goles, foi quen de levar sempre a iniciativa no marcador, agás nos mellores momentos de Villa de Aranda, que mediada a primeira parte foi quen de axustarse mellor en defensa e coller unha vantaxe (10-11 no electrónico), que non durou moito. Independentemente desta iniciativa o equipo burgalés mostrou unha das súas señas de identidade, unha forte defensa que dificultaba as labores ofensivas do equipo de Moyano, por momentos moi espeso no ataque.
Pero a diferenza de outras situacións en tempadas anteriores, os galegos souberon sufrir, dominar o marcador e ir sobrepoñéndose ó partido que quería xogar Villa de Aranda. Cun inicio de segunda parte máis asentado, Juan Quintas puido asentar unha renta de 5 goles cun lanzamento a portería baleira que non acadou o seu obxectivo, e a partir dese momento, o ataque arandino comezou a mellorar e volveu a poñer en apuros a un Cangas que se sentía sabedor da importancia do partido.
Nos últimos intres do partido, os pupilos de Moyano impuxeron por fin o seu ritmo e máis acertados que o seu rival, certificaron o partido nos últimos dous minutos de partido ante un O Gatañal totalmente ateigado e volcado cos seus.



