O pivote luso de 25 anos será o encargado de facer olvidar a baixa de Ricardo Brandao, que volta a Porto para remplazar os mancados Iturriza e Salina.
Mendonça, internacional xúnior con Portugal, destaca polo seu poderío ofensivo e reforza algo que Nacho Moyano consideraba indispensable.

Tras coñecer a nova de que o Porto executaría a cláusula de recuperación de Brandao, a dirección deportiva do Clube comezou a traballar para atopar un recambio de garantías para o xoven xogador luso.
E ese traballo fructificou a pasada fin de semana coa contratación do tamén pivote portugués Eduardo Mendonça, un xoven xogador de 25 anos que destaca polas suas cualidades ofensivas, algo que Nacho Moyano entendía como unha prioridade, xa que Juan Quintas e Mohammed Essam son pivotes defensivos.
Mendonça, que actualmente se atopaba como axente libre, saiu da canteira de Porto e xogou en equipos coma o ABC de Braga, o SC Horta e recentemente no Pfadi Winterthur suizo, equipo no que coincidiu co Hispano Viran Morros e do que se desvinculou en outubro deste mesmo ano. Dende a entidade que preside Alberto González, consideran este acordo “unha oportunidade de mercado inmellorable que non se podía deixar escapar”.
“Vainos a aportar moitas cousas ó equipo, pero o que máis nos interesa del é o seu poderío ofensivo, xa sexa traballando para os seus compañeiros ou pola súa calidade á hora de definir” comentaba Nacho Moyano. Eduardo Mendonça non será un completo descoñecido no vestiario cangués, posto que xa compartiu selección con Jenilson Monteiro durante toda a etapa de formación en Portugal. Ambos foron membros dunha destacada xeración de valores portugueses que actualmente nutre a selección do ex adestrador cangués Paulo Pereira e que está a disputar un notable Campionato de Europa nestes momentos.
O contrato asinouse ata o final desta tempada co obxectivo de axudar o equipo a conseguir a permanencia en ASOBAL.