Alberto González González seguirá presidindo o Club Balonmán Cangas tras a celebración da asamblea o pasado sábado 22 de Febreiro no Salón de Plenos do Concello de Cangas.
Alberto González cumplirá 8 anos ó frente da entidade canguesa, sendo a súa, a única candidatura presentada dentro do plazo que finalizou nos días previos á celebración da asamblea.

O Frigoríficos del Morrazo mantén a súa directiva tras o proceso electoral por catro tempadas máis. Isto foi aprobado por unanimidade polos socios presentes na Asamblea do pasada sábado.
Alberto, seguirá respaldado por Orlando Galiñabnes como tesorero e por José Manuel Piñeiro como secretario, unha formación curta pero con moitas ganas de seguir traballando para o clube e os afeccionados. «Estamos moi contentos de seguir loitando por deixar o Balonmán Cangas no lugar que merece» destacaba Orlando na súa intervención durante a Asamblea.
A actual directiva fíxose coas rendas da dirección canguesa en febreiro de 2021, en plena pandemia, un momento duro pero cunha forte aposta por seguir facendo grande ó clube. Feitos que se consolidan tempada tras tempada con notable aumento de socios e co salto de calidade da plantilla.
«Son catro anos de grandes retos por diante, coma ocorre co proceso de profesionalización, pero tamén son catro anos ilusionantes para seguir con esta liña ascendente» sentenciaba Alberto tras a aprobación por unanimidade da candidatura que preside.

Jose M. Piñeiro introducindo a Alberto González na toma de posesión / @robertowskipics