Eritia Privacidad
Sentimento que perdura dende 1961

Santi López, nova renovación no Balonmán Cangas

mayo 7, 2024
Santi López renova co Balonmán Cangas por unha tempada máis.

O polivalente xogador madrileño, capital nos esquemas de Nacho Moyano renova o seu compromiso co clube cangués unha tempada máis.

Santi, campión do mundo xúnior en Argelia no 2016, cumplirá a súa quinta tempada co Frigoríficos.

Santi López, eufórico tras unha xogada ante o Granollers / Rober Pastoriza

O proxecto do Balonmán Cangas de cara a vindeira tempada segue collendo forma, tras as renovacións de Martín Gayo e Brais González, chegou a do universal Santi López. Unha boa nova para o equipo, que seguirá contando co seu “MVP” particular unha tempada máis.