O capítulo de fichaxes invernais péchase con Mads Thymann, primeira liña danés de 27 anos.
Procede de Mors-Thy, da máxima liga do seu país e que actualmente está loitando por entrar no play off do título.
«A oferta de Cangas chegou no mellor momento para aceptala» comentou na súa presentación oficial.

Onte foi presentado nas instalacións do noso colaborador Saúde Sport, a flamante nova fichaxe para esta segunda volta, tras a xa coñecida de Eduardo Mendonça.
Nunha operación relámpago para o Clube, o xogador danés chega para cubrir a baixa por lesión do noso baluarte Juan del Arco. Mads Thymann é un xogador moi polivalente que pode actuar tanto en ataque como en defensa «É un xogador con moitísima calidade que nos vai aportar en tódalas fases de partido» adiantaba Moyano durante a presentación.
Thymann, apuntaba durante a súa presentación que foi unha negociación frenética, e que en cuestión de horas xa estaba voando dirección Galicia para se incorporar ó equipo «É unha decisión importante para volver o meu máximo nivel, e tamén unha oportunidad única para coñecer outra Liga e outra cultura; era agora ou nunca» sentenciou.

Con esta segunda fichaxe, Moyano da por cerrada a plantila para esta tempada e se mostra satisfeito cos recambios de dous xogadores importantes como son Del Arco e Brandao. Ademáis, Mads destaca pola súa calidade tanto de pase como de lanzamento e por ser un líder dentro e fora do campo, o que seguro nos axudará a facer máis sinxela a baixa de Juan.
Firmará por estos catro meses de competición e ten un único obxectivo «Conservar a categoría, e se é sen o Play Out, moito mellor«.
Moita sorte e benvido a túa casa, Mads!